Selecciona o teu idioma

Centro artístico en Santiago de Compostela

Centro artístico en Santiago de Compostela

Un espazo para a creatividade e a creación

Escola de pintura en Santiago de Compostela

Altaira: paixón pola arte e a beleza

Na nosa escola de pintura en Santiago de Compostela somos un equipo profesional, apaixonado pola arte. Queremos ser apoio e ferramenta para todo aquel que teña inquedanzas artísticas, e ofrecemos un espazo para atopar a propia expresión, explorar a creatividade e volverse nun creador de arte.

En Altaira entendemos todo o proceso creativo coma un todo, dende o elo máis cativo ata o máis complexo. É por isto que axudamos tanto ao estudante que busca mellorar a súa técnica, como aquel que nunca pintou. Atendemos, tamén, ao afeccionado que ven na procura de materiais, e ao artista profesional que necesita inspiración ou quere aprender novas técnicas de creación.

O noso amplo e luminoso local é, ao mesmo tempo, escola e tenda de arte en Santiago de Compostela. Nestas instalacións ofrecemos formacións e asesoramento personalizado, atopando sempre o equilibrio entre a profesionalidade e a proximidade, propios dun negocio local.

A nosa paixón pola arte e a beleza, xunto ao aprecio polo creador e a difusión de obras, son os nosos piares.

Xurxo Martiño, artista e mestre

En Altaira, escola de arte en Santiago de Compostela, imparten aulas especialistas con gran paixón polas belas artes, como o pintor Xurxo Martiño, profesional non só do ensino, senón tamén artista de longa e recoñecida traxectoria. As súas obras estiveron expostas en máis de 30 exhibicións ao longo dos últimos anos en diferentes puntos de Galiza, e gañou múltiples premios de arte: no eido da pintura e as artes plásticas.

Xurxo é un apaixonado da arte e un explorador da súa propia creatividade, descubrindo sempre novos medios e técnicas cos que expresarse a si mesmo e formar aos seus estudantes.

Ver obras de Xurxo Martiño

Xurxo Martiño escola de arte en Santiago de Compostela

O noso espazo artístico en Santiago de Compostela

Sabías que Altaira significa "voar alto"?

A nosa escola de pintura en Santiago sitúase na Rúa do Vieiro. Se vés de lonxe ou traes aos teus fillos, non te preocupes: tes todas as facilidades de aparcamento. Ademais, o noso local é totalmente accesible, pois non conta con barreiras arquitectónicas.

Vén aprender e crear connosco!

Escola de arte en Santiago de Compostela

Contacta con Altaira, a túa escola de arte en Santiago de Compostela

Non dubides en visitarnos se queres comezar en clases de pintura, comprar material artístico ou enmarcar a medida unha fotografía ou un cadro. O noso espazo, amplo e luminoso, está completamente equipado para que podas desenvolver a túa creatividade e atopar o artista que levas dentro. Agardamos por ti en Rúa do Vieiro, 4-6!

Contactar