Selecciona o teu idioma

Aprender a debuxar en Santiago de Compostela

Queres aprender a debuxar?

Altaira é un espazo dedicado á formación e ensino de debuxo e pintura en Santiago de Compostela. Somos un centro preparado para axudarte ao teu desenvolvemento no campo das belas artes.

No noso local impártense clases de pintura para nenos e adultos, adaptadas a todos os niveis. Tamén contamos con un pequeno taller propio para a encadración a medida de obras de arte, e unha tenda de belas artes onde poderás atopar calquera material que desexes neste campo.

Ofrecemos a todos os afeccionados ao arte e pintura en Santiago un espazo para aprender a debuxar e a pintar ao seu ritmo e con total liberdade, adaptando as técnicas de aprendizaxe ao seu avance e necesidades. Contamos cun espazo amplo e luminoso, con facilidade de aparcamento e mobilidade.

Bota unha ollada aos nosos traballos!

Clases de pintura en Santiago de Compostela para nenos e adultos

En Altaira impartimos clases de pintura para nenos e adultos, adaptadas a todos os niveis. Ensinamos diferentes técnicas, dende debuxo ata técnicas artísticas das belas artes. Todas as nosas aulas son personalizadas, aínda así enmarcadas nun grupo afín. Comprendemos que cada estudante ten o seu nivel, a súa obra, ideas e inquedanzas, polo que no noso centro artístico en Santiago de Compostela atendemos individualmente cada necesidade.

Na nosa escola de pintura tamén prestamos servizos a estudantes de escolas artísticas e de oposicións de belas artes, para preparar as partes prácticas das súas probas.

Clases de pintura en Santiago de Compostela

Quen somos en Altaira?

Profesores de pintura en Santiago de Compostela

Profesores de pintura

Contamos cun equipo de profesores especializados nas diferentes áreas das belas artes, entre eles, podemos mencionar a Xurxo Martiño, docente cunha ampla traxectoria no eido da creación artística, cuxas obras foron expostas en máis de 30 exposicións.

O noso propósito é ofrecer a cada alumno un espazo cómodo e agradable onde experimentar a pintura e o debuxo con total liberdade, aprendendo de man de especialistas entregados no seu desenvolvemento.

Tenda de belas artes en Santiago de Compostela

Tenda de belas artes

Poñemos a disposición dos nosos clientes unha ampla gama de materiais de pintura e arte. Na nosa tenda de arte en Santiago de Compostela atoparás todos os materiais necesarios para levar a cabo unha obra artística: dende lenzos de diversos tamaños, pinturas de todo tipo (óleos, pasteis, acrílicos), ata vernices, cretas, pincelería... Non importa que precises para levar a cabo o teu proxecto, achégate a Altaira e pídenos asesoramento.

Taller de enmarcado en Santiago de Compostela

Taller de enmarcado

Dispomos dun pequeno obradoiro de encadración con corte a medida. Enmarcamos calquera obra, sexa pictórica ou fotográfica e de calquera tamaño. En Altaira somos expertos no enmarcado de obras de arte, fotografías e cadros. Contacta con nós para solicitar máis información sobre este servizo.

Escola de arte en Santiago de Compostela

Contacta con Altaira, a túa escola de arte en Santiago de Compostela

Non dubides en visitarnos se queres comezar en clases de pintura, comprar material artístico ou enmarcar a medida unha fotografía ou un cadro. O noso espazo, amplo e luminoso, está completamente equipado para que podas desenvolver a túa creatividade e atopar o artista que levas dentro. Agardamos por ti en Rúa do Vieiro, 4-6!

Contactar